Godella (valencià)

 

Godella (castellano)

 
 

Godella (euskera)

 

Demografia

 

Godella - Blanc i Negre

 

 

GODELLA - O POBO

GODELLA é un concello situado na “Horta Nord”, conta cunha poboación de perto de 13.000 habitantes e o seu termo de 8,4 km2 limita cos de València, Burjassot, Rocafort, Paterna e Bétera.

A parte dalgúns restos eneolíticos e romans, os seus orixes remóntanse á Edade Media. A casa de campo árabe de Godayla, cos seus muiños e fornos, aparece xa nomeada no Llibre del Repartiment; sobre ela erguiríase en época cristiá o castelo señorial, na mesma entrada do camiño Vello de València, xunto á quenlla de Montcada que dende sempre ten regado a súa horta.

A agricultura, o traballo da pedra (canteiros) e a atesanía, teñen sido as actividades económicas tradicionais deste pobo.

A poboación foi crecendo lentamente ó redor deste núcleo inicial nomeado “El Poblet” deica finais do século pasado, no que a afluencia de emigrantes moitos deles establecidos en covas, e os primeiros chalés de veraneantes, desbordaron o núcleo antigo e iniciaron a expansión urbana cara á Ermida do Salvador, á outra banda da via do tren de via estreita.

Na década dos anos 70 Godella tivo un extraordinario crecemento urbanístico e demográfico duplicando a súa poboación, debido á súa proximidade a València, á facilidade das comunicacións e á súa calidade de vida.

Do seu pasado Godella conserva un rico patrimonio arquitectónico e arqueolóxico; a antiga igrexia medieval (actual Capela do Cristo) e a igrexia neoclásica (San Bertomeu), o castelo señorial (actual Colexio do Sagrado Corazón), a torre dos Boil ou de Serdanyola, A Ermida do Salvador, A Torre do Pirata, a Covatella, Les Pedreres, etc. e sobretodo o conxunto do seu casco antigo ó redor da rúa Maior e a Praza Magdalena Sofia, con unha extraordinaria vista da horta.

Este legado histórico e natural compleméntase con unha rica actividade humana e asociativa; asociacións culturais, deportivas musicais, de xubilados, de mulleres, de novos, de artistas e festeiros, manteñen vivas as tradicións, as festas e o espírito deste pobo valenciano.

Texte: Ginès Ruiz /Traducció galega de Xavier Moreiras